Sobre

Contexto

Segundo unha enquisa de NEMO (Rede de Organizacións Europeas de Museos) en maio do 2020, con respecto ao impacto da Covid 19, 3 de cada 5 museos recoñeceran perdas dunha media de 20.300 euros á semana por mor dos peches e da caída das viaxes. Mentres algúns museos atoparon os seus orzamentos impactados minimamente ata ese punto, moitos museos deron conta de perdas considerables nos seus ingresos (ata o 75-80%), con grandes museos informando de perdas semanas de centos de miles de euros. Catro de cada cinco museos incrementaron os seus servizos dixitais para chegar á súa audiencia, con frecuencia poñendo aos seus traballadores e traballadoras a encargarse de novas tarefas para sobrelevar as circunstancias. Dous de cada cinco museos informaron dun incremento das visitas online, do 10 ao 150% durante ese tempo. A enquisa tamén amosaba que os museos queforon quen de cambiar as tarefas dos seus traballadores/as e de engadir recursos foron tamén quen de incrementar os seus servizos dixitais e observaron un incremento das súas visitas online.

Obxectivo

Este proxecto pretende axudar a museos pequenos e medianos a acometer a súa transformación dixital. Máis especificamente, o proxecto pretende axudar aos traballadores/as dos museos a crear un tour virtual para unha ou todas as coleccións do seu museo. Tamén os asistirá planificando organizando e executando obradoiros e programas para os seus visitantes. En xeral, o proxecto axudará os museos a superar os problemas que a Covid 19 creou e a adaptarse á era dixital para atraer os seus visitantes. 

Principais resultados

O proxecto elaborará dous resultados principais: 

- Guía de competencias “Open Museums”, que incluirá as habililidades e competencias que os traballadores/as necesitan para actualizarse e mellorar as súas actividades na era dixital. 

- Curso a distancia “Open Museums”, que preparará aos traballadores/as dos museos para crear unha visita virtual, atraer aos visitanes de forma virtual a través das redes sociais, crear unha tenda electrónica e, en xeral, mellorar a presenza dixital dos museos e a experiencia virutal dos visitantes. 
Search