FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO 

A Fundación Rosalía de Castro é unha fundación privada sen ánimo de lucro fundada en 1947 que xestiona a Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón (pequena vila preto de Santiago de Compostela) desde 1971. A Fundación tamén organiza diferentes actividades, tanto culturais como educativas, ao longo do ano: un festival de verán (Abride a Fiestra), o Día de Rosalía o 24 de febreiro e moitos outros. Rosalía de Castro é o personaxe histórico co que máis se identifican os galegos/as e, segundo The New York Times, ela é “a mellor poeta nada na Península Ibérica entre os Séculos de Ouro e Federico García Lorca”. É unha das máis importantes poetas románticas europeas. Foi a principal figura do Rexurdimento galego no século XIX.  

Search