Principais resultados

O proxecto inclúe dous resultados principais: a Guía de Competencias e o Curso a Distancia
Guía de Competencias “Open Museums”
A Guía está dirixida a traballadores/as dos museos para achegarlles as habilitades necesarias para completar a transformación dixital do seu museo. As habilidades que adquirirán axudaráos a crear visitas virtuais, usar ferramentas dixitais, manter as redes sociais e crear a súa propia tenda electrónica. Máis especificamente, a Guía incluirá: 
- Competencias clave relacionadas coa sustentabilidade dos museos. Estarán baseadas no Acordo Marco de Competencias Dixitais. 
- Análise da escaseza de habilidades dixitais nos traballadores/as dos museos 
- Factores claves para entregar un curso a distancia para traballadores/as de museos. 
- Identificación de trabas para a transferencia de coñecemento 
- Ferramentas potenciais e habilidades con respecto a emprendemento social para seren incluídas no curso a distancia   
Fai clic aquí para descargar a Guía de Competencias en EN, ES, GRITNL
*Como parte do proceso de composición da Guía de Competencias, a asociación realizou enquisas e entrevistas entre o persoal do museo e elaborou unha colección de mellores prácticas que algúns museos xa están aplicando para unha presenza dixital.

Fai clic aquí para descargar a colección de mellores prácticas
Curso a distancia “Open Museums”
O curso a distancia constituirá un recurso aberto en liña accesible a todo o persoal de museos e organizacións culturais de toda Europa. Guiará aos traballadores a través de pasos para crear unha presenza dixital potente e para usar ferramentas innovadoras para atraer a súa audiencia. Este curso axudaráos a crear e a darlle valor á audiencia, así como a facer os museos máis sustentables.
Search