LAOGRAFIKI ETAIREIA VARNAVA

A Compañía de Folclore de Varnava en Marathon é unha organización non lucrativa, que foi creada en 2002 en Varnava, Attiki. En 2003 creouse o Museo Histórico Interactivo do Folclore contendo a reprodución dunha casa do século pasado e o Museo Europeo do Pan en 2005 contendo sobre 1.500 mostras de pan decorativa de Grecia e de todo o mundo. Esta collección de está considerada como unha das máis grandes do mundo e a exposición titulada “Camiños do pan” viaxou por toda Grecia e polo mundo. Estes museos xogan un papel activo na preservación e conservación do patrimonio cultural do país con eventos e conferencias sobre folclore, patrimonio, voluntariado, agricultura, saúde e nutrición tradicional, ecoloxismo, calidade de vida e exposición de artistas novos. 

As súas actividades pódense resumir no seguinte: 
 - Implementación de programas de formación para estudantes e adultos 
- Organización exposicións de arte, inclíndo pintura, debuxo, escultura, artesanía, xoiería, cerámica, fotografía, mosaicos, etc. 
- Organización de eventos culturais 
- Creación dun grupo de teatro, unha biblioteca e un grupo de voluntarios. - Publicación de libros e estudos 
- Publicación de CDs e DVDs. Por mor do incremento do número de visitas, alugamos novas instalacións en 2010, que renovamos e reconstruimos nun edificio de dous pistos do século pasado cunha presa de viño tradicional e un forno.  

Search