Insieme per Camminare (IpC)

Insieme per Camminare (IpC) é unha asociación cultural ubicada en Corigliano – Rossano (Italia) composta por expertos en arte e xestores do patrimonio cultural, guías turíscos e project managers. Grazas á súa experiencia e coñecemento IpC convertéronse no punto de referencia do seu territorio para a xente nova, institucións educativas, autoridades públicas e empresas de actividades culturais, desenvolvemento turístico e ensino para adultos, coaching, obradoiros e cursos. 

Desde 2016 IpC xestiona o Museo Diocesano e del Codex, un museo de arte e historia relixiosa, famoso por gardar o “Codex Purpureus Rossanensis”, o evanxelio iluminado máis antigo do mundo, incluído pola Unesco na listaxe “Memory of the world” en 2015. 

IpC está tamén apoiada por voluntarios moi activos de diferentes idades e nivel educativo que contribúen na xestión de eventos e na vixilancia de algúns espazos culturais na zona de Corigliano - Rossano.  

Search