IDEC

IDEC é unha empresa consultora e de formación localizada no Pireo, Grecia. As súas actividades consisten en formación, xestión de consultoría, calidade, avalicación e desenvolvemento de solucións TIC para sector público e privado. Son clientes de IDEC tanto pemes como as máis grandes compañías de Grecia en todos os sectores. Coopera con máis de 800 entidades de toda Europa e máis de 300 expertos en campos específicos. 

IDEC foi moi activa nos últimos 25 anos no terreo dos proxectos europeos, tanto como coordinadora como parceira en diferentes programas e iniciativas europeas. A través deste dobre rol, como provedor de formación e como consultora, IDEC foi quen de incoporar as mellores prácticas do sector dos negocios no educacional, axustándoos ao espírito aberto e sustentable da educación para todos. 

Foi acreditado como centro de formación e organiza cursos de formación para profesores e adestradores, visitas de estudo e actividades de aprendizaxe informal para estudantes. Organiza tamén cursos de formación para o emprego. 

Search