Novas

>

Terceira Reunión Transnacional do proxecto 
Padron, España 

O 1 de decembro tivo lugar a última reunión do proxecto en Padrón, España, hospedada pola coordinadora Casa de Rosalía. 
 Os colaboradores tiveron unha fructífera discusión que levou aos pasos finais e ao lanzamento da plataforma de e-learning ao final deste proxecto.  

OPEN MUSEUMS Seminario 
en Atenas, Grecia

O seminario "Digital Storytelling" foi organizado en xuño no Herakleidon Museum en Atenas, Grecia polo socio de proxecto IDEC. O obxectivo era presentar o proxecto Open Museums aos empregados do museo e motivalos a comenzar as súas prácticas dixitais na súa profesión e explotar os resultados do proxecto. 
O noso post de Facebook

Actividade de entrenamento dos colaboradores Rossano, Italia

Do 5 ao 7 de abril de 2022, Insieme per Camminare albergou no Museo Diocesano do Códice en Corigliano-Rossano (Italia), a sesión de entrenamento de  “Open Museums” na cal participaron 2 representantes de cada un dos socios do proxecto. 
A primeira parte da reunión centrouse na Guía de Competencias como resultado da reunión. Tras unha breve presentación por parte da Fundación Rosalía de Castro como líder do proxecto, cada socio tivo a oportunidade de presentar o informe relacionado co seu país e os resultados obtidos.   Na segunda parte, o enfoque cambiou cara o E-learning Course con presentacións dos módulos educativos.   
Na terceira parte, os participantes coñeceron aos representantes de dous importantes organizacións que operan no sector do patrimonio cultural: Andrea Perrotta, director de E-Bag, una empresa líder a nivel internacional na produción de solucións dixitais como os hologramas, proxeccións, realidade aumentada e realidade virtual; e  a Anna Cipparrone, membro da  Italian Commission of the National Museum System e directora de Consentia Itinera Museum, seleccionada como a mellor práctica de Italia no campo do relato dixital   
Finalmente, a reunión brindou a oportunidade de descubrir o Museo do Códice e o Codex Purpureus Rossanensis, manuscrito ilustrado entre os máis preciados e antigos manuscritos do mundo, incluído na categoría “Memory of the World” en 2015 pola UNESCO, e o extraordinario patrimonio cultural Normando-bizantino contido no  casco histórico de Rossano, considerado un exemplo de museo ao aire libre.  

Segunda Reunión Transnacional do proxecto Piraeus, Grecia

 O 31 de xaneiro, o Consorcio reuniuse en persoa para a Segunda Reunión Transnacional do proxecto. A reunión foi organizada polo IDEC en Piraeus en Grecia.   A colaboración tivo unha fructífera cooperación que culminou na finalización do primeiro traballo do proxecto “Guía de Competencias”. Os materiais están dispoñibles na sección de “Resultados” desta web.   Ademais os colaboradores organizaron a seguinte actividade de entrenamento en Rossano, Italia.

Xuntanza de lanzamento

A Xuntanza de lanzamento tivo lugar online os días 6 e 7 de maio de 2021. Todos os parceiros xuntáronse para discutir os primeiros pasos do proxecto e as actividades para acadar os obxectivos do proxecto. Durante eses dous días, distribuíron as principais tarefas e responsabilidades e decidiron os prazos iniciais. Os parceiros comezaron de forma exitosa coas primeiras actividades, e agora están a contactar cos traballadores dos museos para identificar a escaseza de habilidades dixitais.
Search